ACCESO A RIBARRAVIA:

Enero 14, 2009

PARA EVITAR O PROBLEMA QUE XENERA O “Ñ” NO NOME DO DOMINIO “TIPIÑO”, PÓDESE CONFIGURAR O EXPLORADOR OU INCLUSO INSTALAR UN PEQUENO PARCHE, PERO O MÁIS DIRECTO É  PINCHAR ESTES ENLACES E DESPOIS GARDALOS EN FAVORITOS .

NOTICIAS: http://www.xn--tipio-rta.es/index.htm

PE DE FOTO: http://www.tipiño.es/PE_DE_FOTO.htm

ARQUIVO: http://www.tipiño.es/ARQUIVO.htm


VIDEO DA OMIX, PARA MEXAR E NON BOTAR GOTA…

Enero 6, 2009

Todos coñecemos xa o “inxente” volume de traballo que pesa sobre os esmerados membros da Oficina Municipal de Información Xuvenil. Que vos vou contar que non saibades: cursos de capoeira, activismo sociocultureta dende unha silla de oficina, concertos de jazz-fusión na Madalena, os dous ou tres de sempre chupando viaxes gratis a Malta e, cada tanto tempo, un cursiño sobre intercambio de fluídos sexuais coa xuventude feminina sueca… que por suposto acabará recaendo sobre algún dos merodeadores do concello. Europa constrúese así, din eles…

Leer el resto de esta entrada »


CASTRELO AMPLIA HORIZONTES… ARRASANDO VIVENDAS

Diciembre 31, 2008

fotocastrelo

 

 

 

 

 

 

 

 

A desfeita en Castrelo de Miño non está a pasar desapercibida para ninguén. O que si está a pasar desapercibido é o propio Xurxo (Artista Antes Conocido Como Jorge) , oficialmente “desaparecido” en tan controvertida circunstancia. Non debe estrañarnos, porque este auténtico desastre con apariencia de obra pública de interese xeral, ven decidida dende Santiago, o seu indispensable oráculo e inesgotable fonte de subvencións promocionais… O malo é que o tema obriga ao pobre home a andar de incógnito, vagando polos camiños adiante para que non lle pregunten que a que veñen estes ensanches bárbaros con estreitamentos puntuais que frustrarán, por forza, tan magna operación viaria…

Leer el resto de esta entrada »


COTO DO FRADE FAISE MAIOR

Noviembre 16, 2008

image002 Tardaron, si, pero aí están. Xa non teñen dúbidas: “Terra Vendida”, “Mentiras e máis mentiras”, “isto non son empresas de reciclaxe”, etc. O vertedeiro promete unha catástrofe silenzosa dende hai moitos meses e os ecoloxistas andiveron un pouco… dispersos.

Pero aí os temos: xa berran coa maior parte dos veciños do Ribeiro cando din que o “Parque Medioambiental” será unha aberración, vamos, o que calquera mente pensante podía deducir por si e sen esforzo xa hai máis dun ano…

E agora que xa se fixeron adultos neste tema, xa poden ter coidado con esa banda de difamadores que tantos cartos e influencias teñen que perder . Quizais nuns días algún personaxe residual-reciclado ou calquera outro pertencente a ese rebaño de histéricos vingativos se dediquen a ir rastrexando nos antecedentes da organización ecoloxista e ata no curriculum profesional dos seus membros.

De calquera xeito, alégrome velos dentro do club da loita e do sentido cívico. Non era tan difícil, verdade?


O PP E O VERTEDEIRO, OU COMO NADAR E GARDAR A ROUPA.

Octubre 19, 2008

VAIA CO PARTIDO POPULAR… Despois dun ano e medio acaban de posicionarse abertamente no tema do Vertedeiro. Xa eran horas, non?

LA REGIÓN.- ‘o PP está en contra do parque do lixo de Carballeda de Avia’.   No comunicado falan de que realmente se tratará dun basureiro, de que dubidan de que se faga o desvío da A-52  (aínda teñen dúbidas diso???) e da falta de transparencia en xeral e no tema  dos lodos en particular.

Por outro lado, en LA VOZ, reflíctese case idéntica a noticia, ademais aparece a expresión “mentiras e deficiencias”, pero curiosamente apuntan esto: esta formación “dejó claro, sin embargo, que «estaría a favor de calquera proxecto que xere emprego e riqueza para a zona pero en contra dun parque de lixo, como o que pretende facer a Xunta de Galicia, que prexudica gravemente o turismo e os viñedos da zona».”

En resumidas contas. Falaron tarde e non transmiten no seu comunicado a alarma e preocupación que o tema merece. Limítanse a denunciar algúns aspectos moi evidentes como a ocultación, o feito de que se tratará dun basureiro, o da ambigüidade no tema dos lodos, a non existencia do desvío da A-52… pero, moi oportunamente, deixan caer que “estarían a favor de calquera proxecto que xenere emprego…”

Leer el resto de esta entrada »


O SIXILO DO PSOE LOCAL PARA EVITAR AOS ANTIPARQUE OBRIGA A PACHI VÁZQUEZ A DAR O DISCURSO NUN PUTICLÚ DE FRANCELOS

Octubre 12, 2008

Como xa ven sendo práctica común dos partidos cogobernantes cada vez que teñen que recibir a un personaxe relevante no Ribeiro, este pasado sábado voltaron usar a  estratexia de ocultarse coma ratas. Ata aí, todo normal.

O interesante da anéctota, sen embargo, foi o feito de que  escapar de tan covarde xeito lle acabase resultando ao ínclito Pachichachi moito mellor do que  cabía esperar. Como puido sacar tallada o noso conselleiro depredador estando semioculto e en tan lamentable situación?

Pois os feitos están aí. Todos os concorrentes acabaron dando firme testemuño de que o membro do Psoe cumpliu os obxectivos e quedou moi satisfeito coa visita. A xulgar pola cara do personaxe, seguramente non mintan…

Leer el resto de esta entrada »


DESCANSEN EN PAZ

Septiembre 28, 2008

LA VOZ DE GALICIA publica:

1. A primeira, nos cornos: “El parque de residuos de Carballeda de Avia carecerá de acceso directo a la autovía”

 2.  A segunda, de regalo: “El Plan de Ordenación del concello recoge 400.000 metros cuadrados más de los previstos inicialmente”

Una afirmación que realizan en base a una pregunta realizada por el Partido Popular al Gobierno en el Congreso de los Diputados, a petición de Temos dereito a saber . En la respuesta se afirma de forma literal que «con fecha del 11 de febrero de 2008 se emitió la orden de estudio para la realización del proyecto de construcción del vial de conexión entre la A-52 y el parque medioambiental de Carballeda de Avia» y que éste será «a través de la N-120 y el enlace de Melón en la A-52», no directo como se llegó a decir.
[...] ya afirmaban los componentes de Temos dereito a saber , es «un viario novo dende a N-120 pola zona de San Cristovo ata o parque».
[...]  aún cuando la conselleira de Vivenda afirmó en su momento y repetidas veces que non admitiría más superficie en el parque que la que estaba determinada en el estudio de viabilidad de este proyecto, un total de 800.000 metros cuadrados, tampoco será cierto según se desprende «do documento de inicio do novo Plan de Ordenación Municipal do Concello de Carballeda de Avia no que recóllense 400.000 metros máis de superficie industrial co obxeto de complementar a dito parque», lo que contradice y desmiente a Vivenda.

Xa só queda dicir que descansen en paz, os veciños de San Cristovo… se poden. Por certo, levo mantendo e insistindo en que a caterva de bloquitos son tan avarizosos e mentirosos coma os outros sicarios do Psoe: velaí o tendes. Cando se trata de conservar a poltrona, arrasan con quen faga falta. Iso si, sen desprenderse dun sorriso beatífico no seus labios e facendo gala dun docísimo acento aportuguesado, que sempre queda marbonito


“ARRINCANDO” VOTOS PARA OS AMIGOS

Septiembre 19, 2008

Por casualidade atopei hai tempo un texto da asociación Arrincadeira. Xa sabedes, eses rapaces ociosos que seica buscan unha revolución resesa cunha birra na man e facendo carteis de deseño que a Xunta subvenciona.

 

Pois, como digo,  tiven a sorte ou a desgraza de atopar un texto seu con certas pretensións de editorial serio. Se conoce que se aburrían e pretenderon dar no seu insignificante blog un “toque final” ao controvertido e comprexísimo tema do Vertedoiro. Adianto para quen queira seguir lendo o meu comentario que a dita mensaxe escrita resulta tan lamentable como reveladora. Xa a ilustración confunde a realidade ao reflectir un antagonismo en pé de igualdade entre a máscara do Non fronte ao inaceptable e politicamente idiotizante Si, como se ambas opcións dispuxesen de argumentos igualmente válidos  aínda que dialecticamente opostos… 

 

Leer el resto de esta entrada »


XURXO DESMINTE NUN PERIÓDICO ALEMÁN SER O PAI DA CRIATURA QUE ESPERA RACHIDA DATI

Septiembre 6, 2008

Non parece ter moito sentido que un alcalde dun remoto pobo español, por moi enxebriño que sexa, se apresure a realizar unha confesión persoal destas características. 

A única explicación é que a obsesión nacionalchachi por acadar portadas lévaos a excesos como o do desmentido, seguramente deseñado dende Santiago para  seguir insuflando de protagonismo e relevancia artificial ao seu único bastión do Ribeiro, lugar que por desgraza, e por moita pasta que se invista en paripés programáticos, non xenera novidades sustanciosas.

Conste que a min dame igual, pero sen ánimo de despreciar a ninguén, as pedazo femias coma esta non acostuman parar moito polo Aljama, e non acaba de casar unha relación íntema entre un edil tan horrorosamente  traxeado e unha  exótica e sofisticada ministra…

En resume, este post é o resultado de dúas cousas: non ter ningunha noticia boa a man e non dispoñer da revista Ribarravia para expresar chuminadas.  Ou ao mellor xa me está a ocorrer o mesmo ca o BNG, que xa comezo a aficionarme polas portadas sen contido…

Se é así perdonai as desculpas.


PRESUNCIÓN DE INOCENCIA

Septiembre 2, 2008

Todas as persoas, sen diferencia, son presuntamente inocentes mentres non quede clara a súa culpa, e cómpre facer un esforzo por manter este principio en toda ocasión. Cando lin a noticia da detención de dous veciños de Ribadavia na Voz (mencionaba “homicidio en grado de tentativa”), pregunteime quen serían os autores, pero tampouco fixo falta indagar moito:  alí aparecían imprudentemente  por escrito cos seus nomes e apelidos.  Se conoce que o periodista considerou que aos xitanos non lles é aplicable o dereito á privacidade e non resulta necesario coidar a súa imaxe pública…

Pero eu tamén debo confesar que un amago de pensamento levoume pola insana vía de sacar conclusións cómodas e precipitadas.  Non puiden evitar seguir levemente a inxusta tendencia de reparar nos apelidos xitanos e de asociar iso a unha caracterización racial previa sobre os comportamentos machistas, os ánimos exaltados e ata o instinto vingativo de orixe cultural… Foi un pensamento fugaz, pero avergoñeime de caír nel. Espero que ese sentimento sexa un síntoma da miña firme intención de extirpar tan perniciosas tendencias.

A trifulca parece que ao final non fora moi seria. Montouse cunha mecánica seguramente explicable tratándose dun tétrico local onde se non ocorren máis desgrazas é, simplemente, porque o ruído é tan potente que paraliza os cerebros dos consumidores, pero o certo é que moitos de nós antes que en dous cidadáns pensamos en dous rapaces de pedigrí diferente. Incluso houbo quen máis desinhibido ca min chegou a expresar en alta voz:  ”É que estes xitanos son terribles cando se encenden…”

Agora alégrome por eles e espero que todo acabe ben.  E por certo, ademais das probas que os deixan en liberdade hai quen di que na man do rapaz da foto o único que podería facer unha navalla sería molestar a execución duns tremendos sopapos a calquera contrincante…


DE VOLTA…

Agosto 28, 2008

Xa estou por eiquí. Do resultado de parte do verán deixo constancia mediante uns apuntes sobre unha viaxe que seguramente non vos interese, pero xa me diredes se podo sacar algunha chicha da podre e previsible política local neste mortecino mes de agosto…

Aproveito tamén para comentar que pese á falsa alarma, xa se deron signos inequívocos das “inminentes” eleccións, ou dito doutro xeito: parece que se deu parcialmente a tradicional solta de cans rabeosos que os partidos adestran para as campañas. Pase o que pase, que non nos pase nada a nós, amijosmíos…


UNHA GRATIFICANTE IMAXE PARA ALIVIAR A MIÑA AUSENCIA TEMPORAL…

Julio 24, 2008

Comunícovos que durante uns días non vou estar tocándovos as pelotas dese xeito que tanto vos disgusta. E para que aínda o desfrutedes máis, déixovos cunha imaxe que o ten todo: DinamiRmo, OtimiRmo, NacionaliRmo, ModerniRmo… Para que logo digades que son rencoroso.

Era broma. A imaxe gratificante é outra: