Velaiquí unha convocatoria de manifestación da Fronte Popular Galega contra o encoro de Castrelo construído por Fenosa.
Non hai que mitificar, pero daquela -aínda non eran os anos 70-, Franco aínda non acabara de pechar a sinistra lista de 150.000 opositores asasinados, de xeito que calquera protesta supuña un acto subversivo que requiría gran firmeza e unha importante conciencia de grupo.
O panfleto chama a atención pola calidez e a enerxía que desprende, pero a min fíxome especial gracia a candidez das notas escritas a lapis: “Manifestación” “19-8 tarde”, e sobre todo o emprazamento, descrito coloquialmente: “Diante Castromil”. Todo era máis simple, máis duro, máis claro…
Respecto ao texto, fora da sobrecarga de adxectivos, eu subscribiría punto por punto toda a indignación que contén a airada mensaxe. Queda claro que os principios e as ideas, neste caso as do socialismo e a defensa contra o cobizoso capital, eran suficientes para prender a mecha nun grupo de valentes agricultores, que deron en desenvolver unha épica social tan humilde como digna de recordo.
A verdade sexa dita: bótanse de menos uns cantos elementos coma eses soltos polo Ribeiro adiante…
Mayo 28, 2008 a las 3:34 pm |
Creo que solo había que cambiarlle Castrelo de Miño e encoro por Ribeiro e parque da merda. O resto ben se pode extrapolar o problema que temos hoxe. Pero fan falta moitos, moitos, ainda que teña a mitade de ovos que esta xente que peleou polo que creía nunhas condicións como aquelas. Nunha dictadura, donde todo valía. Hoxe os tiranos non o teñen tan fácil, ainda que empezan a usar métodos fascistas, as condicións non lle son tan propicias. Ainda que sucio xogan, e moito. Teñen que ser mais sutiles, é certo. Pero xa vistes o que fixeron en Tele Arnoia, xa vedes como controlan os medios de comuncación: non se fala do problema NIN DE COÑA. Si por algo se coñece o problema que padecemos no Ribeiro é porque os do Foro Social están dando caña, e porque outros nos adicamos a bombardear en internet, pintamos as ruas e os muros, ou nos vamos a ponte da esperanza a recordarlle a todos que seguimos e seguiremos loitando. Como di Clodo, aquel embalse fíxose con gardas cada non sei cantos metros. Este parque vai ser feito coa presencia do exército, porque os que estamos e estaremos en contra imos loitar con uñas, dentes, pes, mans e, sobre todo coa cabeza e o corazón, para que esa merda nunca chegue a asolagar o ribeiro, como fixo o embalse coas leiras dos de Castrelo. Pero para eso hai que seguir, e algúns teñen que empezar. NUNCA FUNCIONARÁ ESE PARQUE. Non mientras quede alguén coa determinación suficiente para seguir loitando ATA O FINAL.
O meu mais sentido agarimo a todos aqueles que, sin dobleces, loitaron e loitan polo que verdadeiramente creen. Para todos os idealistas que ainda permanecen neste mundo, recordarlles que hoxe, agora, hai unha loita aberta: a da xente que amamos e beneramos a nosa terra, o Ribeiro, contra os merdentos que nola queren convertir nun puto vertedeiro. Para todos eles, recordarlles que os esperamos cos brazos abertos. O ribeiro necesita xente de ben, loitadora e comprometida que o defenda destas malas bestas que pretenden destruilo. ¿Vasnos deixar sos? ÚNETE A NOS.
LOITA POLO QUE CREES
XENTE DO RIBEIRO: LOITA POLA TUA TERRA. LOITA POR TI
PARQUE DA MERDA: