Xa estou por eiquí. Do resultado de parte do verán deixo constancia mediante uns apuntes sobre unha viaxe que seguramente non vos interese, pero xa me diredes se podo sacar algunha chicha da podre e previsible política local neste mortecino mes de agosto…
Aproveito tamén para comentar que pese á falsa alarma, xa se deron signos inequívocos das “inminentes” eleccións, ou dito doutro xeito: parece que se deu parcialmente a tradicional solta de cans rabeosos que os partidos adestran para as campañas. Pase o que pase, que non nos pase nada a nós, amijosmíos…