Todas as persoas, sen diferencia, son presuntamente inocentes mentres non quede clara a súa culpa, e cómpre facer un esforzo por manter este principio en toda ocasión. Cando lin a noticia da detención de dous veciños de Ribadavia na Voz (mencionaba “homicidio en grado de tentativa”), pregunteime quen serían os autores, pero tampouco fixo falta indagar moito: alí aparecían imprudentemente por escrito cos seus nomes e apelidos. Se conoce que o periodista considerou que aos xitanos non lles é aplicable o dereito á privacidade e non resulta necesario coidar a súa imaxe pública…
Pero eu tamén debo confesar que un amago de pensamento levoume pola insana vía de sacar conclusións cómodas e precipitadas. Non puiden evitar seguir levemente a inxusta tendencia de reparar nos apelidos xitanos e de asociar iso a unha caracterización racial previa sobre os comportamentos machistas, os ánimos exaltados e ata o instinto vingativo de orixe cultural… Foi un pensamento fugaz, pero avergoñeime de caír nel. Espero que ese sentimento sexa un síntoma da miña firme intención de extirpar tan perniciosas tendencias.
A trifulca parece que ao final non fora moi seria. Montouse cunha mecánica seguramente explicable tratándose dun tétrico local onde se non ocorren máis desgrazas é, simplemente, porque o ruído é tan potente que paraliza os cerebros dos consumidores, pero o certo é que moitos de nós antes que en dous cidadáns pensamos en dous rapaces de pedigrí diferente. Incluso houbo quen máis desinhibido ca min chegou a expresar en alta voz: ”É que estes xitanos son terribles cando se encenden…”
Agora alégrome por eles e espero que todo acabe ben. E por certo, ademais das probas que os deixan en liberdade hai quen di que na man do rapaz da foto o único que podería facer unha navalla sería molestar a execución duns tremendos sopapos a calquera contrincante…
Septiembre 3, 2008 a las 9:26 am |
Menos mal que leo a alguén falar deste tema dunha maneira sensata.
Veño de cabrearme na páxina da Rexión onde os poñen de volta e media por ser xitanos.
Ti demostras que eres tan boa persoa como intelixente.
A verdade e que non me esperaba menos de ti.
Alí, nos comentarios da Rexión, non houbo mais que unha persoa que apelou o seu estatus de persoa: eu. O resto fíxome sentir vergonza allea.
Eu levoos visto sempre, cos colegas da pandilla, e vexo eso: rapaces do tempo deles que andan a divertirse. Como os demais.
Pero para outros, son xitanos, e polo tanto: o peorciño que hai.
É unha verdadeira mágoa que algunha xente non sexa capaz de ver os demais como o que son: persoas, con todas as virtudes e os defectos, que non disminuyen nin aumentan polo feito de pertenecer a grupos minoriarios.
Alegroume ler o teu comentario. O primeiro que fala dende a obxetividade.