Por casualidade atopei hai tempo un texto da asociación Arrincadeira. Xa sabedes, eses rapaces ociosos que seica buscan unha revolución resesa cunha birra na man e facendo carteis de deseño que a Xunta subvenciona.
Pois, como digo, tiven a sorte ou a desgraza de atopar un texto seu con certas pretensións de editorial serio. Se conoce que se aburrían e pretenderon dar no seu insignificante blog un “toque final” ao controvertido e comprexísimo tema do Vertedoiro. Adianto para quen queira seguir lendo o meu comentario que a dita mensaxe escrita resulta tan lamentable como reveladora. Xa a ilustración confunde a realidade ao reflectir un antagonismo en pé de igualdade entre a máscara do Non fronte ao inaceptable e politicamente idiotizante Si, como se ambas opcións dispuxesen de argumentos igualmente válidos aínda que dialecticamente opostos…
Debe quedar claro dende o principio que xa non teño paciencia para comentar a improcedencia da instalación en detalle; os erros do editorial neste sentido son abundantes, moitos deles deliberados e, sobre todo, considero que os autores carecen de calquera autoridade moral ou intelectual para ser minuciosamente rebatidos. Pero si darei conta do asunto como un espectacular exemplo de intento de manipulación, de servilismo político e de falta de ética social. Dito o cal, conste que aínda que o que alí se verte resulta bastante merdento, tamén que se deducen mensaxes semiocultas moi interesantes…
Por falar pronto: as propostas básicas do editorial son escasas e malas, pero resultan tan sospeitosamente insistentes nalgúns puntos sensibles que non cabe outra cousa que atribuír toda a milonga a unha indiscutible dependencia política do dito grupo cultureta co partido que usa esta novidosa técnica como arma de destrucción masiva: o BNG. A máis importante, torpemente disimulada, delata a preocupación prioritaria dos arrincasubvencións: que todo o mundo crea que que o BNG non ten culpa de nada; sexa como sexa, a culpa de todo é sempre do Psoe. Se conoce que os cargos ”nacionalistas” teñen como única obriga cobrar o seu abultado salario sen exercer responsabilidade ningunha… Expoño dúas perlas súas que evidencian esta ilóxica postura:
“Lembramos que á Consellería de Vivenda e Solo compételle a xestión do solo do Parque … pero a xestión do lixo correspóndelle á Consellería de Medio Ambiente”
(Pero non foron eles quen aprobaron o Plano Sectorial que prevé o Vertedoiro? Non son eles os que EMITIRON a publicidade do “Parque ambiental modélico”? Non son o partido cogobernante? Realmente cren que somos idiotas? )
“O que sí quedou máis que claro son as malas relacións entre as dúas Consellerías”
Resumindo: o plan do Vertedoiro é inaceptable, pero o esencial do tema non é evitar o Vertedoiro, senón perxudicar a ”quen ten a culpa”, o Psoe, para que ninguén impida o desexado ascenso dos trepas nacionalistas. Para colmo, fannos comulgar con rodas de muíño e aclaran que o BNG asina en todo o que resulta comprometido só por obriga. Nas festas e actos culturetas, non, para iso asinan de moi boa gana. Pero o que resulta chamativo é como se delatan burdamente: se hai unha culpa da que se queren librar é porque alguén fai algo que non se debe facer. Pero a eles non lles importa participar do desastre; non precisan manifestarse na rúa, nin debater, nin esixir información. O que lles importa é o prezo político que pagarán os seus donos. Por iso minten cando dan a entender contra toda lóxica legal e institucional, que a conselleira do BNG carece de calquera facultade para opoñerse ao proxecto, de tal xeito que sabendo que virá lixo perigoso a 500 metros das casas non se pode negar a asinar. Ao parecer, se o fai o Pachi disparará a pistola que lle pon permanentemente na cabeza á señora Táboas. Criatura…
Outra das vías de actuación polas que opta o cutre libelo virtual é a de desacreditar a toda costa o movemento antiparque. E como non teñen moito onde fincar o dente fano dun xeito inconcreto, malintenzonado e sen base real. Limítanse a machacar (sen rebatir, sempre evitando rebatir con argumentos lóxicos) aos únicos que se opoñen a un proxecto moi dañino que persegue exclusivamente o lucro empresarial e o benefizo político. É indignante este ataque pero moi fácil de explicar o motivo de fondo: o que paga manda amijomío…
Tamén din eles que os que protestamos vamos moi de presa porque o trámite administrativo está “a comezar aínda”… Din isto cando o proxecto foi declarado URXENTE hai un ano e medio, cando hai un Plano Sectorial xa aprobado (sen mención, por certo, ás 900 alegacións en contra), un informe de impacto en marcha (só se poderán presentar alegacións en 20 días) e un desvío da autovía A-52 presupostado… Pero entón, estes incompetentes valedores do lixo cando cren que se debe comezar a actuar? Cando queren que recibamos a información básica?
Por outro lado, a tumultuosa manifestación antivertedeiro non foi interpretada comoa expresión dunha enorme preocupación colectiva, nada diso. O significado que eles deducen é outro politicamente moito máis benefizoso (para eles), o que se desprende dunha impagable expresión do seu texto no que queren deixar claro que os cidadáns antivertedoiro están rexidos por un interesado PP ao que obedece fielmente un grupo de burguesiños ociosos. E como o din? Así: “… manifestación que valeu para descubrir o compromiso ecoloxista do PP, compromiso ó que tamén se sumaron os novos ecoburgueses.” Ironizan coas verdadeiras intencións do PP, quen sitúan con evidente falsidade como pioneiro na protesta, e fano significativamente na mesma frase coa que definen despectivamente ao Foro social (“ecoburgueses”) que descreben como simples ”seguidores papanatas” da dita opción política. A idea queda, pois, moi clara: os que se opoñen a un parque “que non incinerará” son do PP e logo tamén están eses burgueses aburridos. Se o Parque é malo ou non é o de menos. A estratexia ”dialéctica” é perfecta… para o BNG.
Eu o vexo así: por un lado xente que traballa e loita por algo xusto, e polo outro uns descerebrados corifeos compracentes á espera de sabe deus que compensacións e obsesionados por protexer aos políticos que lles pagan os xoguetes cos que levan a cabo a súa incruenta e innecesaria revolución chachienxebriña. Poden intentar botar merda sobre o Foro Social, pero é indiscutible que este colectivo non vive das subvencións nin obtén benefizo, a diferenza do BNG, do PSOE e das asociacións merodeadoras do Concello…
Incluso da enorme cantidade de actividades desenvolvidas polo Foro Social se atreven a destacar do fondo dos arquivos unha información interpretada con evidente mala intención; así, din que o Foro Social manipulou e ocultou información mantendo que este grupo non eliminou a mala fe do seu manifesto o tema “estrela” dos Residuos Sólidos Urbáns (RSU´s) a pesar de que o Pachi prometera o día 12 que non ían vir a Carballeda (de palabra, evidentemente) .
Claro que os radikal-pandereteiros esqueceron dicir que os representantes do Ribeiro (ecoloxistas e Foro Social) non foron invitados a esa reunión con Pachichachi (feita coa única intención de romper a manifa que trunfaría tres días despois), que a propaganda publicada (única documentación oficial) seguía vixente nun ambiente de escasas e contradictorias declaracións dos políticos para ocultar información, e que ese aspecto concreto é secundario: tratábase de rexeitar en bloque (Ui! Perdón, non quero mentar á familia de ninguén) unha pranta de 1.100.000 m2 a 500 metros das casas que vai traer residuos industriais, lodos, e poida que tamén lixo urbano.
Pero como poden falar de mala intención do Foro tendo en conta o que a Xunta está a facer coas desconcertantes decisións e contradecisións no tema lodos? Como poden darlle un voto de confianza a una precaria promesa verbal dun belixerante Pachi (“no me siento con 10 señores del PP”) cando o motivo de que non viñesen os RSU´s foi, simplemente, porque non cabían en Carballeda? (consta literalmente na prensa). Que credibilidade ten un home que dixo que non virán “ni sólidos, ni tóxicos, ni peligrosos” cando moitos dos que virán están oficialmente recoñecidos como altamente perigosos? Pode un fiarse dese elemento?
Para máis claridade, transcribo unha aclaración feita polo Foro Social con ocasión doutra reunión equivalente: “NINGÚN DOS RESPONSABLES POLÍTICOS COS QUE FALAMOS OU ASISTIRON Á NOSA XUNTANZA DO 21 DE ABRIL DESMENTIU POR ESCRITO E DE XEITO OFICIAL ESTE OBXECTIVO. NÓS NON PODEMOS FACER ACTOS DE FE ANTE UN ASUNTO DESTA TRANSCENDENCIA”.
Queda claro, non?
Pero digo máis: os RSU serían o menor dos nosos problemas. Iso é insignificante comparado cos lodos, cos residuos eléctricos, cos disolventes en depósitos perigosos, coa pranta de transferencia… Esta aparente contradicción é magnificada malizosamente este “brazo armado” dos nacionalchachis porque non hai por onde rebater os argumentos do Foro Social. Por que evitan dicir, sen embargo, que os do Foro son os únicos que sacaron o abuso na prensa, que denunciaron o silenzo político, que intentaron reunirse mil veces cos responsables, que ofreceron debater na televisión e nunca se lles aceptou o desafío?
Como colofón do seu errático divagar, dese intento desesperado por nadar, gardar a roupa e arrincar subvencións, van e din finalmente –aínda que con certa ambigüidade- que apoian aos ecoloxistas que REXEITAN O PROXECTO tendo en conta a excesiva cercanía á poboación, a falta de planificación e todas esas circunstancias que invalidan absolutamente tan descomunal proxecto. Vaia desfachatez.
Que queren estes adoceados e insustanciais activistas que tanto se esmeran en buscarlle as cóxegas a unha asociación cidadana sen intereses económicos e colaboran cunha previsible desfeita que nin eles poden negar?
Que buscan descalificando aos que se opoñen ao proxecto sen dar argumento técnico ningún e se aplican unicamente en responsabilizar a quen politicamente lles convén porque saben que finalmente os seus “tragarán” por conveniencia?
Que pretenden usando malinterpretacións, frases propagandísticas no canto de protestar contra o evidente prexuízo ? Que pretenden defender cando recalcan que ”non incinerarán” (acaso hai algún tipo de combustión recicladora que non xenere toxinas?) ”non virán RSUs” (acaso son mellores os industriais?), “apoiaríamos sempre que…” (é que este proxecto enormísimo, perigoso, pegado ás vivendas e que destruirá un xeito de vida e así prantexado, ten a menor posibilidade de ser susceptible de apoio?)
Pero como poden facer como que non se dan de conta do o esencial? Porque non esquezamos que o esencial é algo tan simple coma esto:
LA VOZ DE GALICIA: “Pablo Rodríguez «Oitabén» aseguró en nombre del foro que estamos: «Perante a maior agresión que se pode perpetrar».”
Espero que o prestixio deste home como loitador infatigable, como ecoloxista serio e como gran coñecedor da natureza non o faga tamén sospeitoso de connivencia co PP ou de ser “ecoburgués”…
Ladren o que ladren estes que xogan a unha revolución que non existe máis que para servir aos intereses dun proxecto político do máis trepa que se recorda, hai algo que se está facendo mal no Ribeiro por pura cobiza e que iso se recoñeza pola xente non o poden evitar nin un millón de canciños obedientes. Un Vertedoiro a 500 metros das casas é aberrante, e o BNG resulta tan culpable como o PSOE porque asina o proxecto con todas as consecuencias. Por suposto, cando cito ao BNG, tamén cito a súa abundante prole de lamecús nacionalfashion que xogan a revolucións pasadas de moda e achantan cando hai que botar peito fronte aos abusos.
Pobre Ribeiro. Vaia merda de xuventude.
Septiembre 19, 2008 a las 8:10 pm |
Xa me mareo solo o ver as pegatinas mezcladas unhas coas outras. É flipante a onde se pode chegar para xustificar o ser uns adoctrinados sectarios que non saben facer nada si non llo mandan. Pero non se consola quen non quere, polo que se ve. É como equiparar as vítimas e os verdugos, os loitadores pola liberdade cos dictadores, os do NON cos merdentos do SI.
Logo aprenderon ben o “catecismo” bloquito: “non se sabe ainda o que ven e nembargantes estes fisnos do Foro compórtanse como visionarios”. JODER. Estase a falar de poñer un vertedeiro no Ribeiro que vai ocupar 1.000.000 de metros cadrados. Uy, que non se lle pode chamar vertedeiro. Bueno, vou a empregar palabras mais “acordes” cos feitos probados e reais: Vai ser unha megapranta de tratamento de residuos (eso xa é para estar tranquilo) ó ladiño das casas, no corazón do Ribeiro. Pero claro, como van contar cunhas tecnoloxías da hostia, pois xa temos que estar tranquilos. Estamos facendo política, estamos facendo o que o pp nos di, solo nos movemos en eleccións, somos todiños do pp (bueno, eu si, pero o resto teñen tanto do pp como eu do bng), estamos alarmando a poboación, esto xa parece un xogo de pegatinas. …O que esto di, éralle mellor que quedara caladiño e deixara de decir estupideces. Estamos preocupados, tremendamente preocupados porque é o que cabe nestas circustancias. E que si non o estiveramos sería como si vamos a un velatorio e en vez de darlle o pésame a familia nos poñemos a bailarlle alí e nos escarallamos coa risa. Os que se estan comportando de forma antinatura, son os que non se alarman os que siguen mirando a vida pasar, ignorando a realidade, a terrible realidade. E esa realidade non é mais que a que é: nos van a convertir nun vertedeiro. Esa é a puta realidade.
Para os que non teñan constancia plena do apoio que temos os que estamos en contra desa merda, invítovos a que vaides un día calquera a calquer hora ata a nosa ponte da esperanza. Ide ainda que so sexades dous, collede unha pancartiña desas que hai nas ventanas, poñedevos a vosa camisete (eu son partidaria das verdes) e vades ver canto pitido, canto saludo, canta sinal da victoria, cantas luces, ata besos. E cada día son mais as mostras de apoio e recoñecemento os que naquela ponte estamos, recordándolle a todos que temos un problema e que non nos imos a quedar a esperar a que nolo solucionen. Porque a nosa história ímola a escribir nos: os que nos negamos a aceptar a merda de destino que outros decidiron para nos.
Dende fai un ano, e ata que esto deixe de ser un pesadelo e ese parque de merda se vaia por onde veu: MERDA NON.
Septiembre 20, 2008 a las 7:58 pm |
Es lamentable que las actitudes y los modos de los partidos políticos ( da igual pp psoe o bng) se extiendan a los sectores mas jóvenes de nuestra sociedad. Las campañas en las elecciones se basan en la descalificación del partido contrario . En las últimas elecciones generales fue lamentable. En la oposición todo es magnífico , declaraciones de buenas intenciones y promesas . Luego una vez que se pisa el coche oficial , el poder y las comidiñas en Toñi Vicente de vieira con toxina incluida , se olvidan de los vontantes hasta las próximas elecciones.
Un claro ejemplo es lo que ha pasado con el plan acuícola , basta con echar un vistazo a Galizanonsevende y los comentarios que alli se hicieron :
http://galizanonsevende.org/?p=496#comments .
Ya hace mucho tiempo que paso sobre todos los comentarios que se hacen sobre nosotros . Cuando los argumentos que se esgrimen para defender un proyecto ,que a todas luces es un petardo ( esto siendo suaves ) es la descalificación de las personas que se oponen a él, es que estasmos en el buen camino . Hemos dado en el clavo y lo único que hacen con eso es darnos la razón .
¿Onde quedou o espirito do NON que xurdiu en Castreo de Miño nos ano 60 ?
Recomendo : http://www.galeon.com/craira/castrelo0.htm