O SIXILO DO PSOE LOCAL PARA EVITAR AOS ANTIPARQUE OBRIGA A PACHI VÁZQUEZ A DAR O DISCURSO NUN PUTICLÚ DE FRANCELOS

Como xa ven sendo práctica común dos partidos cogobernantes cada vez que teñen que recibir a un personaxe relevante no Ribeiro, este pasado sábado voltaron usar a  estratexia de ocultarse coma ratas. Ata aí, todo normal.

O interesante da anéctota, sen embargo, foi o feito de que  escapar de tan covarde xeito lle acabase resultando ao ínclito Pachichachi moito mellor do que  cabía esperar. Como puido sacar tallada o noso conselleiro depredador estando semioculto e en tan lamentable situación?

Pois os feitos están aí. Todos os concorrentes acabaron dando firme testemuño de que o membro do Psoe cumpliu os obxectivos e quedou moi satisfeito coa visita. A xulgar pola cara do personaxe, seguramente non mintan…

Comecemos por dicir que os organizadores elixiran un lugar e unha situación moi propicia para as confidencias na intimidade e o intercambio de pareceres. Unha localidade servil, unha luz ténue, admiradoras incondicionais, cubatas a cargo do concello… Pero ademais estaba a indiscutible impronta viril do conselleiro Alfa e calquera pode entender que necesite dar saída ao seu autoritario sesapil

A parte negativa, en cambio, foi esta inoportuna instantánea, executada por un bloquito con moi mala baba que quixo frustrar a sustanciosa visita. Pero para contrarrestar a puñalada estaba alí o omnipresente Fidalgo, en funcións de Lugarteniente de Barra : “Y ojo, dejarse de caluNias: esto no és lo que parece” -dixo con vehemencia mentres lle suxetaba a consumición e lle lambía os zapatos ao Signiore- “esta amable señorita no vos es otra cosa que una seguidora política abriéndose a un debate de consiNas y a un ajuste de conceTos con nuestro líder,  prática asolutamente natural y que por supuesto no cabe en la cabeza de otros políticos rancios que no quiero ni mencionar”…

Iso si, en ningún momento perdeu a noción da súa misión en campaña, e todos os asistentes aseguran que para contrastar pareceres coa correlixionaria o líder usou un condón sabor godello obtido de pneumáticos fora de uso. Fidalgo, unha vez máis, apresurouse en aclarar que o líder quixo dar exemplo de como os materiais reciclados poden acadar un gran poder de penetración no mercado. Tamén seica houbo que lle dixo que menos lobos, pero isto non sei se será certo.

Una respuesta para “O SIXILO DO PSOE LOCAL PARA EVITAR AOS ANTIPARQUE OBRIGA A PACHI VÁZQUEZ A DAR O DISCURSO NUN PUTICLÚ DE FRANCELOS”

  1. eu Dice:

    ERES O MELLOR, REDERIBEIRO.

Escribe un comentario