Tardaron, si, pero aí están. Xa non teñen dúbidas: “Terra Vendida”, “Mentiras e máis mentiras”, “isto non son empresas de reciclaxe”, etc. O vertedeiro promete unha catástrofe silenzosa dende hai moitos meses e os ecoloxistas andiveron un pouco… dispersos.
Pero aí os temos: xa berran coa maior parte dos veciños do Ribeiro cando din que o “Parque Medioambiental” será unha aberración, vamos, o que calquera mente pensante podía deducir por si e sen esforzo xa hai máis dun ano…
E agora que xa se fixeron adultos neste tema, xa poden ter coidado con esa banda de difamadores que tantos cartos e influencias teñen que perder . Quizais nuns días algún personaxe residual-reciclado ou calquera outro pertencente a ese rebaño de histéricos vingativos se dediquen a ir rastrexando nos antecedentes da organización ecoloxista e ata no curriculum profesional dos seus membros.
De calquera xeito, alégrome velos dentro do club da loita e do sentido cívico. Non era tan difícil, verdade?
Noviembre 19, 2008 a las 11:41 pm |
Pois seica empezou a caza e andan ecima deles , e tamén andanlle arricando os carteis de Terra Vendida.