
A desfeita en Castrelo de Miño non está a pasar desapercibida para ninguén. O que si está a pasar desapercibido é o propio Xurxo (Artista Antes Conocido Como Jorge) , oficialmente “desaparecido” en tan controvertida circunstancia. Non debe estrañarnos, porque este auténtico desastre con apariencia de obra pública de interese xeral, ven decidida dende Santiago, o seu indispensable oráculo e inesgotable fonte de subvencións promocionais… O malo é que o tema obriga ao pobre home a andar de incógnito, vagando polos camiños adiante para que non lle pregunten que a que veñen estes ensanches bárbaros con estreitamentos puntuais que frustrarán, por forza, tan magna operación viaria…
Os veciños o único que saben é que aínda ninguén os axudou en firme a defenderse desta esquilmación extemporánea, barata, chapuceira e cunha planificación propia dos debuxos animados chamada eufemísticamente “plan de mellora de acceso”. Claro, a outra opción, a máis racional, era algo cara. Demasiado cara para os catro paisáns que habitan estas terras…
Os habitantes do pobo, coas súas edificacións e accesos configurados xa hai decenios, e posuidores, polo tanto, duns dereitos adquiridos que se poden facer valer perante os tribunais, están a ver como uns prepotentes “enxeñeiros” marcan, arrasan e excavan onde lles sae mismamente do carallo usando como único título un plano impreciso asinado por un mindundi e que aparenta ter sido executado por un estudante de primeiro de FP. Contra iso non caben matices, non hai asesoramento técnico que sirva, nin se pode contar con ningunha autoridade pública que os defenda (se acaso, unha sacadiña de peito do Xurxo perante un arrasamento puntual dun terreo e porque era unha auténtica barrabasada). Sabei, veciños, que a fase de exposición pública xa pasou, e durante dúas semanas semiocultas debestes estar atentos aos planos tan cutres como indescifrables e defendervos dunhas clasificacións do solo preestablecidas arbitrariamente; debestes acudir provistos de avogados e enxeñeiros que soubesen interpretar os garabatos con escuadra e cartabón… e a axuda de internete, que para iso o instalou o Xurxiño gratistotal. Agora non veñades chorando, e sobre todo non contedes co Concello, que ten cousas máis importantes que facer.
En definitiva, a Xunta xa pode rular como a ela lle gusta: pola vía do medio. E os cómplices locais, coma sempre e coma en cada proxecto importante, volven amosarse servís cos que mandan e traidores cos que lles dan os votos. Está claro que o Benegá ten moitísima presa por “dinamizar” (ou “dinamiTar”) o seu feudo propagandístico castrelense e non vai entorpecer tan venturoso proceso por unhas putas escaleiras e unhas galerías que se lles fodan a uns cidadáns indefensos… Se polo medio da lareira ten que pasar un excalextric, que pase o progreso…
Outra vez máis atopamos aos bloquitos refuxindo as pelexas, sen significarse en ningún tema serio e esperando a que o Psoe acabe de podrecer (pouco lle falta, por certo). Mentres, eu sigo preguntando: e estes neotrepas de ideoloxía ficticia que nos dan a cambio de ascender? Pois… Estooooo… Unha carreira de San Silvestre, dúas festas gastronómicas, internete para que os avoíños aterricen na tecnoloxía da información e unha pseudoparcelaria que non ten nin pés nin cabeza. Non lle pidas máis: nin saben nin queren .
Agora ben, por favor, se vedes ao Xurxo vagando entre as xestas e oculto tras unhas enormes gafas de sol decídelle que pode volver, que total xa ninguén contaba ser auxiliado por esa mierda de opción política chamada benegá. Ademais, que se console, porque o Psoe xa nin aparece por Castrelo. Total, para que van facer alegacións en serio, ¿para que se enfaden os señores dos despachos? Non fillo non, mellor finxir como que meneamos algo e non mollarse a fondo nun tema tan escabroso. E do pepé xa nin falo: estes que puideron controlar o desastre mentres se xestaba dedicáronse a rañar o carallo mirando para outro lado, e agora o proceso píllaos fosilizados na súa postura habitual: mortos. Ao fin e ao cabo, o interese dos votantes non importa demasiado cando a conta bancaria pode seguir sumando cifras e as urnas manter as estatísticas nuns marxes aceptables. Dito todo isto, pois si señor: que lle dean polo cu aos castrelenses. Para que carallo queren rúas? Mira que son raros. As rúas ben feitas dan poucos votos, amijomío, e esta xente da política ten presa. Moita presa.
Enero 2, 2009 a las 1:34 am |
Estimado sr. Tipiño. Veo que ya ha encontrado un nuevo filón, el alcalde de Castrelo de Miño. Despues de 20 años sin saber de nuestro Ayuntamiento, que ahora se ponga de moda gracias a este alcalde, pues que quiere que le diga, le doy las gracias.
Sobre esta noticia, ya habia contestado en su foro, pero misteriosamente el mensaje desapareció, le voy a hacer varias aclaraciones:
1) El cartel así leído es propio de una mente retrógrada. La primera vez lo tuve que leer dos veces, porque pense que me habia equivodo. Queremos ruas y no autovias. Pues yo no quiero ni ruas ni autovias, quiero unos buenos accesos a Castrelo de Miño, que es lo que estan haciendo y lo que nos merecemos todos los vecinos de Castrelo.
2) El alcalde no está desaparecido sinó que estuvo como bien dice, parando una maquina que iba tirar parte de un galpón, e hizo venir al dia siguiente al jefe de carreteras de la Conselleria a primera hora de la mañana, y estuvo el ingeniero con el alcalde recorriendo casa por casa y caso por caso, hablando con los vecinos para intentar arreglar la situación. Al final se solucionaron todos los problemas salvo dos o tres casos puntuales que el ingeniero se comprometió a solucionar. Y mientras no les comuniquen a los vecinos la solucion, no le van a tocar ni una piedra.
3) Ese cartel lo hizo el Señorito del pueblo, y con eso lo digo todo. Informese bien.
4) Esta obra la gestiona una conselleria del PSOE (Cotop) y el alcalde es del BNG.
5) Los vecinos de Santa Maria y Pazo, están tranquilos porque gracias a este alcalde, hablaron con ellos, les ofrecieron explicaciones y soluciones, y la obra prosigue sin problemas.
6) Que por muchos mas años se siga hablando tanto de Castrelo de Miño. Será porque se están haciendo cosas y estamos progresando.
Enero 2, 2009 a las 11:44 pm |
“Sobre esta noticia, ya habia contestado en su foro, pero misteriosamente el mensaje desapareció”.
Señora toledana, prométolle que a pesar de que, efectivamente, borrei mensaxes, vostede xa sabe que eu non censuro salvo que se me insulte directamente. Tamén quero aclarar que as que eliminei eran intervencións miñas, -exclusivamente as que contiñan o nick “ribarravia”- porque quixen desvincular (temporal e inocentemente) rede_Ribeiro da renacida Ribarravia. Non sei se saberá que andiven a repartir folletos antiparque asinados por rederibeiro e non quería que me acusasen de facer con iso propaganda da dita Revista gamberra. Accidentalmente puiden borrar unha mensaxe súa asociada a unha miña, pero puxen o maior coidado e dende logo non foi deliberado.
En calquera caso, a miña boa fe demóstrase coa publicación desta súa intervención. Espero que con isto se dea por satisfeita tendo en conta as razóns alegadas.
1) “El cartel así leído es propio de una mente retrógrada.”
Non o nego. Pero o cartel é meramente ilustrativo dunha situación claramente caótica e as miñas fontes foron outras máis explícitas e provintes de mentes “menos retrógradas”; persoas que, por certo, tamén queren bós accesos pero podendo ser sen que lles chimpen as súas propiedades arbitrariamente e sen dereito a réplica. E isto de chimpar propiedades cunha celeridade inaudita e sen gardar as formas está a ocorrer dende San Paio ata Castrelo. Iso é vox populi, apareza ou non nun cartel retrógrado.
2) “El alcalde no está desaparecido”
Sen dúbida, señora toledana, o dun alcalde desaparecido entre as xestas é unha esaxeración irónica que vostede non quere acabar de pillar. Fora diso, ben sei que el detivo -como era a súa obriga- unha barrabasada de entre moitas que se estaban perpetrando por esa banda de desaprensivos histéricos que foron metendo paleadora con nocturnidade e sen dar tempo a recapacitar aos veciños. Para colmo, a información emitida neste proceso foi moi deficiente e imprecisa pero iso vostede omite mencionalo…
Ademais, tamén pode ser que se solventasen “tres casos puntuales”, pero que moitísimos máis están sen solucionar salta á vista, e tamén salta á vista que o Alcalde non formula alegacións escritas, non organiza aos veciños, non favorece informes técnicos que contrarresten o asoballamento do que todos se queixan, e non usa os mecanismos máis eficientes e formais de que dispón calquera concello para deter este AUTÉNTICO DESASTRE. ¿Por que? Eu aventuro que se trata dunha obra PROPAGANDÍSTICA e ten presa electoral. Pero isto é unha aprezación persoal (tan válida coma súa, espero…). En resume: eu dixen, e manteño, que catro palmadiñas na espalda dos veciños máis amigos, e unha sacadiña de peito non é suficiente. Nada máis. Non ten que porse vostede tan nervosa…
” Y mientras no les comuniquen a los vecinos la solucion, no le van a tocar ni una piedra.”
Suele ocurrir nun estado de dereito: cando hai expropiacións a lei obriga a notificar antes aos veciños e darlles tempo a recurrir. E polo que sei, o estado garantista e de dereito xa estaba posto antes de que chegase Xurxo, vamos, que non é mérito seu… O caso é que o proceso foi formalmente cumprido “polos pelos” ata o punto resolutivo final, que deixáronse de cumprir normas. Ou sexa: hai modos e modos de facer as cousas, e os “técnicos” non foron nada proclives ás “exquisiteces” formais de escoitar alegacións e responderon ás queixas -cónstame fefacentemente- cun obcecado “vaisefacer-vaisefacer-vaisefacer-e punto“… E nese aspecto, o de contrarrestar ese asoballamento colectivo, o Alcalde non foi contundente nin eficiente, en suma: virtualmente, despareceu do lado dos seus votantes.
3) Ese cartel lo hizo el Señorito del pueblo, y con eso lo digo todo. Informese bien.
Sobre a autoría da pancarta que aparece nunha foto meramente ilustrativa do descontento dalgúns veciños, xa queda dito: non penso informarme. É máis: se o di vostede, ben dito está, pero informativamente ten tanta relevancia para min como os amoríos de Belén Esteban…
4) Esta obra la gestiona una conselleria del PSOE (Cotop) y el alcalde es del BNG.
Xa estamos coa porcallada argumental de sempre. Co Parque Medioambiental, o mesmo conto. Que eu saiba en Galiza gobernaba un partido (pp) e agora COGOBERNA un par de partidos trepa-oportunistas e igualmente fachas. COGOBERNAN, CO-DIRIXEN, e SON CO-RESPONSABLES de todos e cada un dos proxectos. O Consello da Xunta de Galiza é unha institución ÚNICA. Unidade de actuación e de responsabilidades. E se non se gustan ou discrepan os dous partidos… que se separen. Mentres estean xuntos equivócanse xuntos e deben pagar xuntos as súas desfeitas.
.
5) Los vecinos de Santa Maria y Pazo, están tranquilos porque gracias a este alcalde, hablaron con ellos, les ofrecieron explicaciones y soluciones, y la obra prosigue sin problemas.
Estou marabillado de tanta harmonía que vostede descrebe. Pero a desfeita é tan evidente que vai ter que esmerarse en convencernos a todos de que todo vai tan ben. É máis: se vostede di que están tranquilos, eu dígolle que teño testemuños directos de que están indignados, e de que NON TEÑEN SOLUCIÓNS, NIN AMPARO LEGAL, NIN APOIO TÉCNICO por parte do Concello. Rógolle, polo tanto, que non insulte a nosa intelixencia con ese optimismo chencho.
6) Que por muchos mas años se siga hablando tanto de Castrelo de Miño. Será porque se están haciendo cosas y estamos progresando.
Totalmente de acordo.
Sexa como sexa, conste que unha crítica puntual sobre un acto (ou omisión) político non implica un desprezo persoal a ninguén.
Feliz Ano a “todos i todas”.
(Con esta merda de conexión non podo explaiarme moito máis, perdonenlasdisculpas por isto e tamén polo retraso na publicación do comentario)
Febrero 12, 2009 a las 1:59 am |
Xa non che comentan, meu? Igual se aburriron da túa mala hostia e do cutre-photoshop.
Febrero 20, 2009 a las 4:58 pm |
Serás idiota!
Non se nota ben que este blog está sen actividade?
As falcatruadas dos políticos aos que lles comes a polla podes seguir véndoas comentadas en Ribarravia (www.tipiño.es).
Por certo, o seu foro, cun promedio de máis de 250 visitantes diarios, é o máis visitado de Comarca.
Tontito.