DEPORTES DE INVERNO

simbolo

 DEPORTES DE INVERNO.- Resulta que a un grupo de veciños do Ribeiro, conscientes de que poden acabar gaseados nas súas propias casas por culpa dun Vertedeiro ilegal, deulles por estirar un pouco as pernas. E alá marcharon, ao Pavillón dos Remedios de Ourense. Elixiron un día de inverno coma outro calquera; iso si, procuraron facelo coincidir coa estimulante presencia da estrela ZP, ao que viñeron arroupar uns impresentables corifeos autóctonos.

Para quen pense que non foi a mellor elección adiántolle que se equivoca de plano, porque alí houbo “movemento antiparque” abasedebien.  Seica iban sen chándal, pero todos aseguran que se sentiron ben cómodos coas súas camisetas ilustradas, provistos de silbatos, de megáfonos e de chocantes crucifixos-expositores. Trátase, din, do equipo máis que axeitado para poñer un pouco a ton a súa musculatura reivindicativa. Ademais o pavillón, ¿non se chama dos Remedios? Pois iso.
 cheja_a_autorida

ABRAN PASO Á AUTORIDE! .- Creádelo ou non, o bus que saíu cos soldados antiparque dende o corazón do Ribeiro acabou chegando ata a propia porta do Pavillón escoltado pola Policía Nacional. Se conoce que os ocupantes foron confundidos con dóciles cidadáns asistindo a comerlle o cu ao líder político de turno nun mitin… O importante é  que lla colaron ben colada ás forzas de seguridade cando lograron plantificarse na mesmiña entrada do recinto. Os manifestantes viviron un momento impagable ao baixar do autobús armados de pancartas e ataviados con camisetas fosforito e non puideron evitar descojonarse de risa grazas ao afortunado despiste das forzas públicas. No é difícil imaxinar a cara de idiotas que se lles puido quedar aos pobres axentes… Ou ao mellor xa a tiñan antes. A cara de idiotas, digo.
 bensituados

PALCO PREFERENTE .- Aínda que ese día había varias manifestacións convocadas, varias delas foron oportunamente “desactivadas” mediante os habituais mecanismos da Administración, dos que algo xa sabemos no Ribeiro. Outras, como a de sanitarios de Pontevedra,  a da empresa Valeo e a de policías, mantivéronse pero con  escasa concurrencia, e de feito resultaron incomparablemente menos chamativas que a dos antiparque. Ou sexa: que non vos conten milongas, porque alí só se escoitou a voz do Ribeiro. 

grupo Ademais de estar magnificamente situados, os participantes ribeiraos, amosaron moitísimo entusiasmo, chiflaron a todo pulmón os seus silbatos, berraron consignas constantes, repartiron folletos e, definitivamente, conseguiron montar a manifestación máis eficaz que houbo ese día na capital.

Tamén cabe apuntar, aínda que xa todos o dabamos por suposto, que a sempre untadísima PRENSA galega abstívose novamente de mencionar de xeito explícito tan destacada protesta. O de sempre. 

 

agrupados1

 ENTRADAS GLORIOSAS.- Xa dixen que os cidadáns antiparque (todos eles “representantes da máis casposa ultradereita”, como ben o demostran as abundantes bandeiras de Esquerda Unida…) asubiaron e atronaron con esmero aos políticos transeúntes, e nin sequera foron quen de intimidalos as permanentes caras de can dos homes de azul.
Particularmente aparatosa resultou a entrada ao mitin de Milia e de Pachi Vázquez, os únicos “personaxes” do Psoe que accederon pola porta de servicio. Digo esto por se alguén aínda non se dera de conta de que o decrépito ex_senador teñido e o velenoso trepa carballinés que xa non disimula a súa ansia de pisar cabezas, son a miúdo ignorados e desprezados dentro do seu propio partido…

Outro momento interesante foi aquel no que ao Celso Caracas pegoulle o punto e quixo colarse dentro do pavillón cuns paus de pancarta (anda que xa lle vale…). A táctica resultou a todas luces arroutada, pero ninguén lle pode quitar o indiscutible mérito de terlle botado un par de pelotas. 

xuventudeCONSPIRACIÓN SOBRE O XEO.- Non o mencionei aínda, pero o frío era tan intenso que doían esa zona onde se xuntan as orellas coa cabeza, como ben se pode deducir da foto destas catro rapazas. Levitar sobre o xeo, silbar, gritar consignas ou, como é o caso, comentar a situación cos labios mourados polas baixas temperaturas, é ás veces o único xeito que se nos permite aos cidadáns de pelexar contra a Administración. Por iso a moitos alegrounos enormemente comprobar que ás filas do movemento antivertedeiro xa se está sumando xente nova con capacidade crítica e vontade altruísta. 

 

 

 

 

torero1OLÉ_TURGÜEBOS!  É moi importante saber recoñecer cando alguén acada en calquera práctica ou habilidade un nivel claramente superior. Por iso debo dicir que este policía fixo o suNormal canto quixo diante do pavillón, pero o seu éxito mediático resultou apabullante. Chupou todo o protagonismo perante a prensa e aínda lle deu tempo a facer filigranas ao moi cabrón. E manda carallo que consiga tal cousa un tío vestido con traxe de luces comprado nos chinos e cuns putos zapatos de cordeliño ridiculamente limpos…

Pero ollo: tamén hai que aprender das derrotas. Nas manifestacións e protestas o pudor non é unha opción. Para a próxima xa o sabemos.

 

 

 

 

momento_rianxeira2O INEFABLE MOMENTO RIANXEIRA.- Chegados a este punto, acabaredes por dicir que invento a metade. Pero nada diso. Afirmo que cando xa acabara a protesta foi organizado, diante de Salesianos,  un entusiasta coro rexional que se atreveu a entonarlle aos ourensáns unha rianxeira que tiembla el misterio.

Por dicilo pronto, a xente flipou con tan entrañable e reivindicativa saída de ton. Sen embargo, ben pensado, por que non ían cantar? Estaban contentos e orgullosos, fixéronse escoitar e sentíronse arroupados uns polos outros. Que máis se pode pedir? Bueno, postos a pedir, se alguén puidese traer un pouquiño de licor café… 

o_can_flipa MIMADRIÑA!. O can, e con el moitos ourensáns, quedaron simplemente estupefactos perante a inusual protesta antivertedeiro. Porque é certo que hoxe danse manifestacións de grandes organizacións, sindicatos,  grupos con intereses económicos concretos, etc., pero o que non se da case nunca é o de ver xente na rúa berrando espontáneamente sen directriz ideolóxica ningunha a xeito de reacción en defensa propia fronte aos abusos das autoridades.

Iso non quita que o pasmo do canciño estea máis que xustificado, porque dende o outro lado da ventaniña o animal puido observar  veciños con camisetas fosforito, veciñas con permanentes impecables, avós con gorra de estibador e concellais  arrincándose cunha rianxeira no medio da rúa…  Ao mellor é sensación miña, pero paréceme que as protestas antiparque están resultando uns acontecementos absolutamente xenuínos e chocantes. Por sorte.

 ANTES DE REMATAR:  ONDE ESTÁN OS ECOLOXISTAS? Pois non se sabe. Primeiro tardaron en incorporarse ao movemento, logo, cando a barbaridade era demasiado evidente, mantiveron aos seus socios sen movilizar e insistiron nunha ambigüedade informativa irritante. Finalmente, cando se viron obrigados a sacar peito fixérono sen convicción cunha insignificante pancarta exposta no medio da noite (“cráneos previlegiados”…) e como todo esforzo divulgativo, uns carteliños mal concebidos en branco e negro (é curioso que para os cursos chachis que organizan os divulguen con caros carteis a toda cor),  simplemente para cubrir o expediente “combativo”.

Por iso agora xan no me sorprende que obsesionados como están por “despolitizarse” (ou sexa, non acercarse a outras opcións que non sexan o BNG), non asistan a estes importantes eventos coma calquera grupo ecoloxista que se precie coa fin de apoiar as mensaxes de protesta que xa son un clamor en todo o Ribeiro.

 misioncumprida

MISIÓN CUMPRIDA.- Gústame esta foto. Despréndese dela a sensación de que os nosos veciños fixeron o que puideron, que foi moito, moitísimo. E, por suposto, poden estar orgullosos do resultado.  Porque como podedes supoñer non debe ser cómodo (sobre todo para a xente de certa idade), verse obrigado a proferir consignas de protesta no medio dunha rúa  mentres a un o vixían as forzas públicas. Tampouco debe resultar fácil arriscar, opoñerse, exporse a ser insultado, dar a nota…
Pero que ninguén se equivoque: a fila de persoas con pancartas son adultos lúcidos e conscientes, e como tales veñen de pelexar duro. Ademais, fixerono cun envexable entusiasmo, o que resulta un auténtico miragre despois de ter nadado contra corrente durante tantos meses nun lugar tan pequeno coma o noso vecindario.

Hónraos o feito de que manteñan en alto a garda  durante case dous anos a pesar das críticas dos dóciles, a pesar da irritación das autoridades locais que lles poden quitar contratos e traballos, a pesar do silenzamento por parte dos medios… Insisto en que  poden estar moi satisfeitos do  resultado da súa loita, que é a de todos nós.

E a min non me queda máis que manifestar que estou orgulloso deste grupo de persoas que nuns tempos caracterizados pola desidia logran manter con saudable obstinación o seu compromiso moral con eles mesmos e cos demais cidadáns.

Agradézolles a todos e a cada un deles ese esforzo sen garantía de éxito. A súa coraxe, o seu bo humor e o seu altruísmo fan que me sinta amparado e optimista. Non sempre se pode lograr xuntar a miles coma eles, pero tranquilízame saber que aínda queda un bo número de veciños así de raros.

Moitas gracias a todos. Por raros e por decentes.

3 comentarios para “DEPORTES DE INVERNO”

  1. Cuspe Dice:

    Non se pode resumir mellor a protesta do domingo antiparque , un artigo moi divertido e tamén moi emotivo. Facia un frio de carallo , pero non importou, ali etabamos todos xuntos e pasámolo moi ben , coma sempre. A verdade e que de zp nin nos acordamos , pero ali estaban o pachi mailo milia , e ben que nos viron. Coma vos , eu tamén dou as grazas a todos os que nos acompañaron e moi especialmente a xente que con moitos anos o lombo agunataron como se tuveran 20 ata o final . Mecachis …… faltonunos o licor café.

    • rederibeiro Dice:

      Moitas gracias. Tiven un excelente reporteiro, iso é todo. Por certo, el pasouno de marabilla e a min ben que me fodeu non poder estar alí esta vez. O que nos debe quedar claro é que estes exercicios son sempre moi tonificantes e saudables. Pero tamén manteño o de que sen licor no é o mesmo…

  2. sufranda Dice:

    Non teñas pena: o noso ven de serie e non nos fai falta nin licor café nin nada. Con este entusiasmo paramos o parque seguro. Foi unha pena que non estiveras alí. Pero xa terás tempo de cantar con nos, xa.
    Pasámolo de medo.

Escribe un comentario