MUNDO_PÍXEL

¬ A SOLUCIÓN FINAL-  Buscaron e buscaron, pero por máis voltas que se lle dese ao asunto non había outra solución. O Führer levaba o peso de garantir o lucro municipal no seu bigote e a carga xa era insoportable. Unha tele divulgando a diario que moitos lugares do Ribeiro acabarán padecendo molestias indecibles e cancro por culpa dun proxecto semioculto era máis do que calquera “demócrata”  podía aguantar.

Para máis, TelePemiento, cutre pero con notable pegada entre a poboación local, tiña filiacións ideolóxicas tan fachas como as súas, pero de signo incomodamente oposto… A tentación era demasiado forte como para deixar pasar a oportunidade: a inmellorable Solución Final concretouse nun innecesario repetidor de TV para cadeas que se viñan captando perfectamente e que acabaría deixando xordomudos aos  Pementos do contorno. E así se fixo.

Agora véselles máis aliviados ao Führer e aos demais axentes da Ges-Tapo Medioambiental. É certo que, como fixo Hitler cos xudeus, estes case lograron fornear á raza dos Pementos ata deixalos resecos. Pero aos exitosos nazis do silenzo aínda lles queda moito traballo por diante: agora deben gasear con dioxinas a todas as demais razas, de xeito indiscriminado. O exercicio do poder é o que ten: que se un se pon radical e lle da por seguir as prácticas solucións finais, gaseando todo o que se lle pon polo medio, pode acabar convertendo o planeta nun puto deserto contaminado. Tamén hai que recoñecer que a cambio de tanta desgraza, seguramente vai poder desfrutar do espectáculo dende un despacho marabilloso. Esperemos que polo menos lle cunda…

 

¬ APRES MOI, LE DELUGE. Despois de min, o diluvio. A chamativa sentenza do dictador Mobutu (imitando a un rei francés) ao abandoar O Congo, sirve de título para unha obra de Lluïsa Cunillé que me deixou máis que mollado polo diluvio, soberanamente frío.

 Nada que reprochar en principio a unha obra de vocación profunda que busca un oco no saturado mercado das formas con mensaxe (ou sen mensaxe…). Fala de África, do abuso, do adormecemento ético, da soidade. Pero faino mal, faino como de lonxe, e sobre todo, execútao usando conceptos e formas claramente irreconciliables. Non veñen a conto eses diálogos repetitivos e inconcretos para falar da sangrante realidade que se pretende recrear; tampouco casa ese ton dialéctico entre os personaxes que xogan a algo entre a catarsis persoal, o cinismo sociolóxico e a acusación moral inconcreta. Artísticamente, Cunillé fai uso do que Borges deu en denominar “el retruécano”: darlle demasiada volta estética ao que se pode facer sinxelamente, obxectivo que só se acada… cando un ten algo que dicir.

Non quita que os actores estivesen insuperables (Vicky Peña, Jordi Dauder) ou que o entorno escénico fose eficaz ao seu xeito, pero, obxectivamente: unha vixiante do teatro acabou roncando na fila que estaba detras de min ao cabo dun anaco; e o que é peor: eu case me solidarizo con ela despois de loitar cun entornado involuntario de ollos. Unha mágoa.

¬ Aquel día diante do meu coche puiden ver aos mesmísimos Reis Magos que se estaban a recoller tras unha tumultuosa cabalgata por unha rúa ourensana. Pero non sei por que aquela foi para min a imaxe mesma da desolación.

Non había moito que as Súas Maxestades viñan de lucir coma estrelas nun glorioso percorrido de guirnaldas e cancións navideñas. Viñan de ser a encarnación colorista da ilusión, da felicidade, dun poder máxico e absoluto que marabillaba a centos de nenos de ollos pasmados.

Sen embargo agora arrastrábanse con paso cansado por unha rúa semivacía, destartalados, coas súas capas sen brilo… Os seus outrora magníficos cabalos ían agora renqueantes, chocando xordamente as ferraduras no asfalto, marcando unha letanía triste, moi triste… Maldito Nadal!

 

ALIENACIÓN FASHION

¬ Eiquí estou a “desfrutar” dunha das últimas boutades propagandísticas do capital no corazón dunha gran urbe. Chámase Caixaforum, un “centro cultural” con moita cabida, traballadísimos deseños… e pouca arte. Nunha cidade absolutamente saturada de eventos e construccións fashion son frecuentes estes proxectos presuntamente dinamizadores. Eu cada día vexo máis claro que case todos son prescindibles. O malo é que un non escarmenta e sempre acaba atraído polas novidades…

¬ Trátase dunha chamativa nave á que se accede pasando á beira dun espectacular parque vertical. Ninguén pode negar que o edificio resolve magníficamente o contraste da vella construcción industrial coa peculiarísima estructura metálica oxidada e horadada que cubre a pranta superior; tampouco resulta despreciable a harmonía dos novidosos elementos que distribúen un apabullante espacio concebido para exposicións e actos diversos. 

¬ Resumindo: merda en bote. Para colmo, a entidade bancaria propietaria tivo o morro de publicitar, nunha das súas salas, a financiación dunha serie de proxectos humanitarios no Terceiro Mundo por unhas sumas que veñen sendo auténtica calderilla se as comparamos co custo deste enxendro propagandístico-cultureta: 60 millóns de euros…

¬ E agora a conclusión: Lembro que cando me din conta desa obscenidade nin sequera me indignei. Limiteime a pasear sacando fotos chachis, a mirar para os esbeltos corpos das azafatas e a desfrutar coma un porquiño dun almorzo aceptablemente bó na ultrasofisticada cafetería, onde as lámpadas eran como espermatozoides voltos do revés. Porque eu, señoras e señores, son un cidadán modenno-modenno-que-te-cagas. Ou, por mellor dicir, eu son o típico cidadán DE MIERDA que se deixa impresionar polo superficial e non ten a coraxe de rociar de gasolina este tipo de exhibicións e prenderlles lume a ver se todo o sistema salta polo aire dunha puta vez.

Se é o que eu digo: neste mundo sobra CO2 e faltan pelotas.

2 comentarios para “MUNDO_PÍXEL”

  1. from Espein Dice:

    Hombre, dejarse impresionar por esta paparrucha del Caixa Fórum no está nada mal.
    Pero dejemos lo de rociar con gasolina este exhibicionismo cutre de la pretendida obra social de la “caixa”, más que nada porque precisamente lo que ocupaba el solar de lo que es ahora la placita, era hace tres años era…una gasolinera que casi explota en el incendio del edificio adyacente.

    Personalmente preferiría rociar con gasolina a determinadas personas y no tanto a los edificios, PERO NO, NO TENGO COJONES, ¿QUÉ PASA?

    (uséase españolito medio, es la desgracia que llevo a cuestas)

  2. tesouro Dice:

    ao furer solo lle faltan as mechas….

Escribe un comentario