OS MEMBROS DO FORO SOCIAL DAN UN NOVO EXEMPLO DE PROTESTA CÍVICA E RESPECTUOSA NA PRESENTACIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO.
Hoxe quedou clara unha cousa: a linguaxe da política non interesa á cidadanía, cansa de tanto autobombo e de tanta falta de autenticidade. A MIT seguramente terá un merecido éxito, pero o acto institucional da presentación non foi tumultuoso nin nada que se lle pareza. Alí, como público, só estaban de corpo presente os familiares dos catro políticos de turno e un bo número de fotógrafos propagandistas. Fotógrafos que, salvo honrosas excepcións, aplicaron o habitual filtro anti-verde fosforito para que ninguén saiba que QUE A METADE DA XENTE PRESENTE NA PRAZA eran manifestantes contra o Vertedeiro…
CHUZA!.- Pois iso fixen, divulgar a noticia da felonía do BNG local. A esta hora na central de recopilación de noticias galega máis visitada e de reputada solvencia informativa (sobre todo entre os máis afíns ao nacionalismo), xa está exposta para que quen queira poida ler o sorprendente artigo da Voz de Galicia. Aí se da cumprida conta de como os bloquitos locais quixéronlla xogar vilmente aos manifestantes. Para que todo o mundo saiba o simpáticos e ocurrentes que son estes tíos.
O Vicepestilente Querubín-Quin e maila Juapitadecara de Vivenda e Esquilmación Territorial cometeron un importante erro de cálculo ao visitar Ribadavia para vendernos outra moto enxebriña. Esta vez trataba dunha inversión non prioritaria calquera, rehabilitación de vivendas ou algo así.
Suponse que, confiados nas súas recentes e exitosas vendas de imaxe, pretendían un golpe de efecto definitivo. Debeu ser por iso que argallaron unha promo/visita típica: consiste en deixarse ver nunha pequena localidade, exhalar un pouquiño das súas colonias de a 100 euros o chafarís, pavonearse un anaco entre os previsiblemente servís políticos da localidade e darlle a man a catro paisáns conversos antes de volver ás súas poltronas co único obxectivo de que pareza que as inversións públicas en cuestión saíron da súa propia conta bancaria. Lástima que esta vez a un bo número de hoplitas antiparque lles dese por aparecer por alí para airear un pouquirrichiño esas atractivas camisetas (negro ou fosforito, opcional) e atragantarlles un baño mediático que lles parecía cantado a este par de trepas…
INFORME SEMANAL (TVE): Xurxo denuncia a inaceptable reducción de impostos que Fenosa debe pagar ao destrozado pobo de Castrelo. Resulta totalmente xustificada a aparición do Alcalde na tele nacional, e aínda que a intervención quedou algo tatexante e zopenca, amosou que pode defenderse perante unha pantalla con criterio e credibilidade. É curioso que ata a casualidade dunha mala noticia quere darlle protagonismo a este bastión do BNG no Ribeiro. Lástima que só falen cando lle tocan o seu saco e non o interese do Ribeiro en xeral… Pero fora diso, ¿que vai facer o Psoe agora para resucitar aos seus mermados compoñentes? ¿Quen parará esta forza mediática do BNG?
LA REGIÓN: “PROTESTA: Coto do Frade deposita residuos a la entrada de Medio Ambiente”
“Una representación del grupo ecologista Coto do Frade de O Ribeiro depositó ayer por la tarde residuos voluminosos a la entrada de la Delegación provincial de Medio Ambiente, en Ourense.”
Iso de medir os agravios segundo lle conveña a un é unha mostra de incoherencia que me irrita sobremaneira. Que traian todo o lixo industrial, TODO, á beira das casas, non os leva a pronunciarse contundentemente, nin sequera a facer valoracións técnicas, nin charlas informativas nin, por suposto, chamativas protestas. En cambio, un problema accesorio (en comparación) demostra como cando queren saben acadar a atención e movilizar. Canta hipocresía.
LA REGIÓN . OBSERVATORIO DE AVES EN SAN PAIO. “La falta de demanda espontánea para utilizar el observatorio ornitológico ubicado a orillas del río Miño, en la localidad de San Paio (Ribadavia), obliga a la Concejalía de Medio Ambiente a buscar otras alternativas para potenciar la zona y estas instalaciones”
A busca desesperada de ideas con repercusión mediática pode levar aos políticos locais a estrepitosos ridículos coma este. Esa é a causa de que San Paio, un pobo que padece unha traída da auga decimonónica poida “desfrutar” en cambio dun observatorio de aves…
O caso é que os veciños de San Paio non negan que haxa moito paxaro pola zona, O malo é que, segundo din, están case todos acubillados no Concello, onde aniñan comodamente unha vez cada catro anos. Polo demais o fracaso do proxecto -unha auténtica idea de bombeiro- víase vir. Leer el resto de esta entrada »
LA REGIÓN.- INCENDIO EN LA PLANTA DE RECICLAJE DE AS SOMOZAS
La Xunta señala que la empresa ‘tenía todo en regla’ y sospecha que se trata de ‘un accidente’
Os que nos opoñemos ao Parque de Carballeda non temos nin que esmerarnos en buscar argumentos. ¡É que saen a diario! Xa vedes: outra vez a vaca no millo: “Industrial”, “todo baixo control”, patatín patatán… Pero vamos a ver, ¿somos os pesimistas os que inventamos todo isto ou realmente ocorre cada dous por tres que ARDEN, EXPLOTAN e CONTAMINAN todas as Prantas de tratamento de lixo existentes en Galiza?
a) Sábese o que se quere depositar nunha pranta de reciclaxe, pero, como xa veño dicindo, É IMPOSIBLE DETERMINAR A COMPOSICIÓN DOS ENORMES VOLUMES DE LIXO QUE ENTRAN NESTAS INSTALACIÓNS: “según señalaron los bomberos, ‘hay de todo’, desde ruedas, hasta plásticos, fibras y restos de palas de aerogeneradores”.
A FEIRA DO VIÑO do Ribeiro, un evento novamente desaproveitado polo movemento Anti-Parque, tivo poucos pero chamativos manifestantes…
É certo que os fotógrafos dos periódicos subvencionados usan nas súas cámaras unhas lentes xaponesas de última xeneración para evitar que aparezan reflectidos os elementos “incómodos” nas súas reportaxes politicosociais. Por sorte, ás veces se cola algo…
Pero falemos en serio. Esta broma trata sobre algo que xa non me fai demasiada gracia. A difícil obtención de repercusión mediática nas protestas é un gran problema, pero quizais non sexa desculpa abonda. Aceptemos que pese ao digno esforzo de quen sacou o NON á rúa en tan notable ocasión, o movemento antiparque está a resultar extremadamente pacato, tímido e politicamente correcto. Dende fora aparenta resignado e abocado a obter moi poucos éxitos nas movilizacións.
Acabarán despertando, si, pero non se pode negar que seguen sendo moitas as ocasións desperdiciadas…
LA REGIÓN.- “El balneario de Laias oferta un paseo por el Miño promovido por comuneros de Cenlle. El último tramo construido enlaza con un bosque autóctono alcanzando los 2,5 kilómetros de recorrido
Los comuneros de Barbantes (Cenlle) se acogieron al plan europeo Leader para la construcción de un paseo fluvial a orillas del Miño, que enlazará con un bosque autóctono y conectará esta localidad con el balneario de Laias” -
Ao parecer intentarán atraer turistas, porán un pantalán, recuperarán un vello itinerario… ¿Que se lle pode reprochar a esta iniciativa “sostible”? Pois na encrucillada na que nos atopamos, é difícil abrir a boca, pero…
LA REGIÓN “El cambio de fechas de la Feira do Viño logra mayor asistencia con 62 bodegas y cosecheros. […] La participación de bodegas y cosecheros se duplica en la Feira do Viño do Ribeiro, que se celebrará entre el cuatro y el seis de julio (hasta el pasado año fue en mayo), alcanzando los 62 bodegueros y cosecheros.”
Se organizarán xornadas profesionais con catedráticos, profesores e técnicos de La Rioja, Madrid e Barcelona. Tamén haberá contactos entre adegueiros e profesionais como restauradores, periodistas e distribuidores. Acordouse incidir na exhibición comercial en detrimento da festa popular tradicional.
Normalmente se algo vai mal, non suele mellorar por si , e a Feira viña evolucionando claramente a peor. Ademais compría outro impulso suplementario ao prestixio do viño do Ribeiro, todavía algo frouxo en imaxe pública. Iso o soubo ver un colectivo vitivinícola que xa adquiriu certa seguridade en si mesmo e, como consecuencia, xa amosa certas pretensións de trascender… En definitiva, había que decidir unha nova traxectoria, e non se pode negar que os organizadores foron valentes e arriscados co cambio de data e de formato. Sen embargo, a parte sentimental inflúe…
A VOZ: Los socialistas de Castrelo de Miño exigen el arreglo de una depuradora que ya está reparada.
Vaia patada ao aire do PSOE de Castrelo: El portavoz socialista de Castrelo de Miño, Manuel Carvajal, exigió ayer públicamente al regidor Xurxo Rodríguez Méndez, del BNG, la realización de las gestiones necesarias para arreglar la depuradora de Traveso [...] algo que sorprende considerablemente al regidor nacionalista que aclara: «Xa foi reparada esta mesma semana por operarios municipais acompañados dunha empresa especializada en depuración de augas».
Moitos pensarán que é unha lástima que o balón non estivese xustiño onde tiña que estar, porque unha cousa vos digo: a postura da pierna deste home era práticamente perfeta… Leer el resto de esta entrada »
LA REGIÓN – Senén Pousa defiende la legalidad de su cargo como tesorero de la Mancomunidad. [...] a raíz del anuncio del regidor de Carballeda de Avia, Luis Milia, de una denuncia para exigir responsabilidades penales [...] amparándose en que sólo pueden asumir esa responsabilidad los secretarios de los concellos mancomunados.
[...] El regidor de Beade manifestó que ‘son tesoreiro dende que Carballeda de Avia abandonou a Mancomunidade, porque pode selo calquer membro que forme parte da institución’, y añadió que ‘reto a Luis Milia a que se querelle, porque se non o fai é porque é un cobarde’.
Esta estratexia inventada artificialmente polo Teñido de Lodairo para facer mella na oposición nesta campaña de invasión bárbara pesoebloqueira a min suxíreme unha lectura menos obvia: como o novo e eficaz fascismo dos psoedepredadores se enfronta ao fascismo estético dalgúns políticos da vella garda. ¿Cal dos fascismos é peor?
> PÁXINA PRINCIPAL: Blog de comentarios breves sobre noticias que afectan ao Ribeiro, pero non necesariamente.
> SEN_REDE: valoracións totalmente arbitrarias sobre os problemas sociais, as indignidades políticas e a destrucción medioambiental do noso entorno.
> MUNDO_PÍXEL: apuntes persoais baseados en fotos espontáneas.
Se alguén pretende atopar noticias contrastadas, datos fiabeis e opinións realistas lamento decirlles que non sei como se obteñen e elaboran, respectivamente.